Comunicado da Directiva do C.R. Urme
No día de onte, 18 de outubro, reuniuse a Directiva do C.R. Urme cos seus remeiros e decidiuse por unanimidade non seguir este ano co proxecto de sacar un barco ao mar con remeiros procedentes do C.R. Muros e da A.D. Esteirana Remo.
O motivo non é outro que o de que non se conseguiu que estes clubs asinasen un ano mais un convenio de colaboración entre as dúas entidades.
Queremos pedir disculpas aos remeiros por non ser capaces de chegar a un acordo e polo trastorno que isto lle supón as súas ilusións.
Damos as grazas ao Concello, que sempre nos apoiou e incluso mediou para que o proxecto seguise adiante.
Tamén queremos dar as grazas ao adestrador, Beni, que estivo esperando ata o final xunto cos seus remeiros.