A Deputación da Coruña concédelle á A.D. Esteirana Remo unha subvención para a adquisición e reparación de material deportivo de competición
No día de hoxe a Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a Resolución pola cal aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa "FO104: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2026".
Nesa Resolución a Deputación da Coruña aproba a concesión definitiva dunha axuda de 6.753,06€ á Asociación Deportiva Esteirana Remo, co obxecto da adquisición e reparación de material deportivo e de competición.
Para a concesión desta axuda a Asociación Deportiva Esteirana Remo realizou un investimento total de 8.441,33€ na adquisición de diverso material, así como na reparación dunha traiñeira.
Resolución publicada o 29 de maio de 2026 pola Deputación da Coruña.
