COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL

COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL

A Xunta Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo acordou o inicio do proceso electoral para a elección da Presidencia da entidade, de conformidade co establecido nos Estatutos sociais.

Prazo de presentación de candidaturas

Ábrese un prazo de 15 días hábiles para a presentación de candidaturas á Presidencia da Asociación, que comprenderá o período entre o 3 de agosto e o 21 de agosto de 2026, ambos inclusive.


As candidaturas deberán presentarse por escrito, firmadas, facendo constar a seguinte información:

  • Nome, apelidos, DNI e número de socio da persoa candidata á Presidencia.
  • Nome, apelidos, DNI e número de socio das demais persoas que compoñen o equipo directivo candidato.
  • Información de contacto: correo electrónico e/ou postal e número de teléfono.

As candidaturas poderán presentarse por correo postal certificado ou por correo electrónico. Non serán aceptadas candidaturas que non cheguen con todos os datos
solicitados ou sen firmar pola persoa candidata á Presidencia.

Elección da Presidencia

Está prevista a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección da Presidencia da Asociación o domingo 30 de agosto de 2026.


A convocatoria formal da Asemblea, coa indicación do lugar e horario de celebración, será comunicada aos socios nos termos e prazos establecidos nos Estatutos da entidade.


Animamos a todos os socios e socias a participar activamente neste proceso democrático, fundamental para o futuro da Asociación Deportiva Esteirana Remo.


Esteiro, 31 de xullo de 2026
 

A Presidenta,