Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección da Presidencia da Asociación Deportiva Esteirana Remo

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


De conformidade co disposto nos Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo, convócase a todos os socios e socias á celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o día 29 de agosto de 2026 no pavillón Xosé Manuel Saborido Núñez ‘Fino’, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria.

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Elección da Presidencia da Asociación Deportiva Esteirana Remo.
3. Rogos e preguntas.


Na comunicación de apertura do proceso electoral indicábase como data prevista para a celebración desta Asemblea o día 30 de agosto de 2026.


Porén, a Xunta Directiva acordou adiantar a súa celebración ao 29 de agosto de 2026, debido a que o día 30 terá lugar a xornada de clausura da Liga Galega de Traiñeiras, na que a Asociación Deportiva Esteirana Remo debe participar e na que resulta necesario garantir a adecuada representación institucional da entidade.


A presente convocatoria substitúe, para todos os efectos, a data inicialmente anunciada.


Esteiro, 18 de agosto de 2026
 

A Presidenta,