A traiñeira feminina da Esteirana Remo participa por primeira vez na Regata Clasificatoria para a Bandeira da Kontxa 2026.
DATOS DA COMPETICIÓN:
- Regata: Clasificatoria da Bandeira da Kontxa.
- Competición: Bandeira da Kontxa 2026.
- Modalidade: Traiñeiras.
- Categorías: Absoluta.
- Tipo regata: Contra o reloxo nun campo tradicional de 2.778 m.
- Lugar: Bahía da Kontxa (Donostia).
- Data: 3/09/2026
- Hora: 18:00h.
![]() |
| A traiñeira da Esteirana Remo realizando a ceavoga Fonte: El Diario Vasco |
Por primeira vez na súa historia unha traiñeira da A.D. Esteirana Remo participou na mítica Bandeira da Kontxa. Fíxoo o equipo absoluto feminino na regata clasificatoria que se disputou esta tarde en Donostia, que estaba formado por:
Xunto a esta tripulación, compoñían o resto da expedición do noso equipo:
A regata disputárona un total de 19 equipos, divididos en dous grupos. O primeiro de 10 equipos e o segundo de 9.
A nosa traiñeira saíu a competir de décimo terceira, na segunda quenda, onde estaba encadrado o segundo grupo de equipos.
Fixeron a ceavoga cun tempo de 06:14:89 e no segundo longo investiron un tempo de 06:07:80. Finalizaron a regata no posto 18 cun tempo final de 12:22:70.
Clasificación final da Regata Clasificatoria para a Bandeira da Kontxa 2026.
![]() |
| Fonte: Bermeo Arraun Argazkiak |
![]() |
| Fonte: Bermeo Arraun Argazkiak |
![]() |
| Fonte: Bermeo Arraun Argazkiak |
![]() |
| Fonte: Bermeo Arraun Argazkiak |








.jpg)

