Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cadete

Liga Galega de Bateis. "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia"

Imaxe
  Datos da competición: Regata: XVII Bandeira Santiago Sur Galicia Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 4 boias Lugar: Esteiro Data: 30/03/2024 Hora: 16:00h   Nesta ocasión as condicións meteorolóxicas déronnos un respiro e permitiron que se poidera celebrar a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Déronse cita en Esteiro un total de 94 tripulacións de todas as categorías, o que significa que case 500 deportistas viñeron a remar a nosa regata. Na proba, pertencente á Liga Galega de Bateis, participaron os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que habitualmente compiten na liga (alevín, infantil e cadete), xunto con un absoluto feminino e outro masculino.  Tamén participaron o equipo xuvenil, un sub'23 mixto e un absoluto do C.R. Ur

Liga Galega de Bateis. "XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón"

Imaxe
  Datos da competición: Regata: XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 5 boias Lugar: Narón Data: 28/03/2024 Hora: 16:30h   Os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo acudiron á cita da Liga Galega de Bateis en Narón.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O equipo alevín feminino competiu na primeira quenda pola boia 2, e finalizou segunda clasificada a tan só 1,2 segundos da primeira clasificada, que foi Cabo da Cruz. O tempo final que fixeron foi de 2:34,31. As infantiles remaron na segunda quenda polo carreiro 5, e finalizaron na décimo segunda posición cun tempo final de 6:40,47.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As rapazas do equipo cadete competiron pola misma boia que as infantiles, boia 5, na primeira quenda. Finalizaron na oitava posición da xeral da categoría cun tempo de

Sábado 30 de marzo de 2024 ás 16:00h. XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis

Imaxe
O vindeiro sábado 30 de marzo organizaremos a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis, logo de que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro, data na que estaba encadrada inicialmente no calendario 2024 da Liga Galega de Bateis.     Nesta regata participarán un total de 11 clubs con 94 tripulacións de todas as categorías, o que fai que se concentren o sábado no porto de Esteiro cerca de 500 deportistas.  Cadro de participación na XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis .

Liga Galega de Bateis. "VI Bandeira de Bateis Concello de Ribeira"

Imaxe
Datos da competición: Regata: VI Bandeira de Bateis Concello de Ribeira Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 5 boias Lugar: Ribeira Data: 24/03/2024 Hora: 10:30h   A esta regata a A.D. Esteirana Remo levou tres equipos femininos, o alevín, o cadete e un mixto infantil-cadete debido a que non poideron asistir á regata algunhas das remeiras infantiles.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Tamén participou na regata o equipo xuvenil masculino do C.R. Urme. Na categoría alevín feminina o equipo da Esteirana Remo obtivo unha nova e axustadísima victoria. De feito en menos de catro segundos clasificáronse os cinco primeiros equipos da categoría. O noso equipo competíu pola boia 3 na primeira tanda, e finalizou cun tempo de 02:31,07. O equipo mixto infantil-cadete participou na cuarta quenda pola boia 2. Finalizou a regata cun tempo de 07:06,53

Liga Galega de Bateis. "IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme"

Imaxe
Datos da competición: Regata: IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : contra o reloxo Lugar: Rianxo Data: 23/03/2024 Hora: 16:00h   A A.D. Esteirana Remo participou nesta regata cos equipos alevín, infantil, alevín e cadete femininos.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Pola súa parte o C.R. Urme participaba co equipo xuvenil masculino.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose A regata tivo que celebrarse na modalidade de contra o reloxo debido as condicións do vento, e organizouse na praia de Tanxil que estaba máis ao abrigo do vento, en lugar de no seu lugar habitual, no porto de Rianxo. O equipo alevín feminino da Esteirana Remo saíu de primeiro na contra reloxo ao ocupar esta posición na liga. Conseguíu proclamarse vencedor unha xornada máis, cun tempo final de 02:34,84. Pola súa banda o equipo in

Liga Galega de Bateis. "VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro"

Imaxe
Nova xornada da Liga Galega de Bateis, desta vez en Cabo da Cruz, onde se celebrou esta mañá a VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Ata a localidade do Barbanza viaxaron os tres equipos femininos das nosas categorías inferiores (alevín, infantil e cadete).   O equipo alevín non se conformou co segundo posto obtido na xornada anterior e nesta regata volveron a mostrar o seu potencial e conseguiron a primeira praza da categoría, cun tempo final de 2:49,97. Competiron pola rúa 3 na primeira das dúas quendas que se disputaron.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Con este resultado continúan no primeiro posto na clasificación xeral da liga, incrementando a distancia co segundo clasificado. O equipo infantil remou na segunda quenda pola boia 2. Finalizaron na décimo segunda posición xeral da categoría cun tempo de 6:24,60.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Pola súa parte o equipo cadete feminino fixo novamente unha b