Sábado 30 de marzo de 2024 ás 16:00h. XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis

O vindeiro sábado 30 de marzo organizaremos a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis, logo de que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro, data na que estaba encadrada inicialmente no calendario 2024 da Liga Galega de Bateis.

 


 

Nesta regata participarán un total de 11 clubs con 94 tripulacións de todas as categorías, o que fai que se concentren o sábado no porto de Esteiro cerca de 500 deportistas. 

Cadro de participación na XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis.