Liga Galega de Bateis. "XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón"

 Datos da competición:

  • Regata: XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón
  • Competición: Liga Galega de Bateis 2024 
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Narón
  • Data: 28/03/2024
  • Hora: 16:30h

 

Os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo acudiron á cita da Liga Galega de Bateis en Narón.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

O equipo alevín feminino competiu na primeira quenda pola boia 2, e finalizou segunda clasificada a tan só 1,2 segundos da primeira clasificada, que foi Cabo da Cruz. O tempo final que fixeron foi de 2:34,31.

As infantiles remaron na segunda quenda polo carreiro 5, e finalizaron na décimo segunda posición cun tempo final de 6:40,47.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

As rapazas do equipo cadete competiron pola misma boia que as infantiles, boia 5, na primeira quenda. Finalizaron na oitava posición da xeral da categoría cun tempo de 8:35,94.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Tempos completos da "XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón" (fonte @inforemobancofijo).