Recepción no Concello de Muros ao equipo de Muros-Esteirana pola consecución do título da Liga Galega de Traiñeiras B
O Concello de Muros organizou esta mañá unha recepción oficial para o equipo de Muros-Esteirana, actual campión do título da Liga Galega de Traiñeiras B. Das nove regatas das que se compoñía o calendario da LGT B neste 2023, Muros-Esteirana obtivo a bandeira de gañador en oito delas, conseguindo así o ascenso directo á primeira categoría do remo galego na categoría de traiñeiras. A recepción, presidida pola alcaldesa María Lago, contou tamén coa presenza do responsable de deportes Damián Torea. Por parte de Muros-Esteirana, acompañaron aos membros do equipo campión parte dos equipos directivos do C.R. Muros e da A.D. Esteirana Remo. Ademais do acto de recepción, por parte da alcaldía trasladóusenos a intención do Concello de Muros de continuar coa liña de colaboración que xa viña realizando tanto co C.R. Muros como coa A.D. Esteirana Remo e emprazáronnos a unha próxima reunión entre as directivas e a alcaldía. Desde a A.D. Esteirana Remo queremos agradecer o acto do día de hoxe