Finaliza a Escola de Remo 2023

Hoxe finalizou a Escola de Remo 2023.

 

A Directiva da A.D. Esteirana Remo quere agradecer a confianza depositada polas familias das nenas e nenos que participaron, tanto na nosa entidade coma no traballo dos monitores e axudantes que estiveron a fronte desta actividade.

 


 

Durante os dous meses que se desenvolveu a actividade da escola de remo houbo unha participación de 33 nenas e 14 nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos.

 

Os rapaces, aparte das actividades máis propias do mundo do remo, tamén participaron doutro tipo de actividades como xogos, excursións e algunha pequena festiña ou celebración.

 


 


Desde o punto de vista máis deportivo, tamén participaron en algunha competición que realizamos entre eles, tanto en terra coma no mar. En terra houbo un campionato de ergómetro e no mar algunha que outra regatiña de bateis.

 


 

Hoxe que foi o último día da actividade organizamos unha travesía a remo ata a Creba, posteriormente unha batalla de globos de auga e finalizamos con unha pequena merenda para repoñer forzas.

 


 


 

Estamos á disposición das familias para recoller propostas ou queixas que nos queirades trasladar, sempre co ánimo de mellorar as actividades e a atención que ofrecemos ás nenas e nenos.


Esperamos que fose unha actividade de agrado de tod@s e esperamos vervos o vindeiro verán.

 

Grazas unha vez máis por participar!