Liga Galega de Traiñeiras de veteranos. II Bandeira Coterena

Datos da competición: Regata: II Bandeira Coterena de veteranos Competición: Liga Galega de Veteranos 2024 Modalidade: traiñeiras Categorías: veteranos masculina e feminina Tipo regata : campo tradicional de 5 boias onde os equipos competiron pola 1, 3 e 5 Lugar: Cesantes (Redondela) Data: 17/05/2024 Hora: 11:30h Quinta xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, á que acudiu o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo. O equipo que competiu nesta regata foi o formado por: (proa) Alcira (B6) Marta - Carmiña (E6) (B5) Boubeta - Pera (E5) (B4) David - Franche (E4) (B3) Champa - Calde (E3) (B2) Perre - Juan Carlos (E2) (B1) Otero - Óscar (E1) (patrón) Fran Competiu na primeira quenda, con Cesantes (Celeiro non participou), polo carreiro 5. Finalizou na primeira posición da súa quenda cun tempo de 13:50,81, que coa compensación de -9 segundos que tiña o equipo aliñado hoxe, quedouse en 13:41,81. Fonte: https://www.facebo...