Liga Galega de Traiñeiras. 12º posto para o C.R. URME na "XIII Bandeira Virxe do Carme"

Datos da competición: Regata: XIII Bandeira Virxe do Carme Competición: Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" Modalidade: traiñeiras Categorías: absoluta masculina e feminina Tipo regata : en liña, campo de 4 boias e 3 ceavogas Lugar: O Grove Data: 03/08/2024 Hora: 16:00h Fonte: https://www.ligalgt.com Oitava xornada da Liga Galega de Traiñeiras "A" 2024, na que competía o equipo do C.R. URME coa seguinte tripulación. Fonte: https://www.ligalgt.com Competiu na segunda quenda polo carreiro 3. Na segunda ceavoga cometeron un erro e non realizaron a maniobra correctamente, o que fixo que tiveran que rectificar coa conseguinte perda de tempo que xa os deixou fóra de regata. Finalizaron cun tempo de 22:17:00 na 4ª posición da súa quenda. Na clasificación xeral da regata obtivo o 12º posto. Co resultado colleitado hoxe baixa ao 9º posto da clasificación xeral da LGT "A". TEMPOS DA "XIII Bandeira Virxe do Carme " Fonte: https://www.ligalgt...