Eleccións á Presidencia da Federación Galega de Remo

 

A Federación Galega de Remo (FEGAR) convocou para o día de onte, 10 de decembro de 2022, unha Asamblea Extraordinaria para a "Elección de Presidente e Comisión Delegada da Fegar".

 

A Asamblea foi convocada para as 11:00 horas en primeira convocatoria e as 11:30 horas en segunda, e tivo lugar na sede social da Federación Galega de Fútbol (UFEDEGA), antiga sede da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:


1. Constitución da Mesa Electoral.
2. Constitución da Asemblea.
3. Presentación das persoas candidatas á Presidencia e exposición de Programas Electorais polos candidatos á Presidencia.
4. Elección do Presidente da FEGAR.
5. Elección da Comisión Delegada.

 

En representación da A.D. Esteirana Remo, como membro electo da Asamblea Xeral da Federación Galega de Remo polo estamento de clubs na modalidade de banco fixo,  asistiu a nosa Presidenta.

 

Os candidatos que se presentaban á presidencia da FEGAR eran José Luis Méndez González e José Manuel Seijas Galán, Presidente ata o día de onte.

 

Tras o proceso de elección, o reconto de votos foi de 19 para José Luis Méndez González e 13 para José Manuel Seijas Galán, polo que se producía un cambio na presidencia da FEGAR.


No seguinte enlace pódese revisar toda a documentación relacionada con este proceso electoral.


Proceso electoral FEGAR 2022