Sorteo de cestas de Nadal

Coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do vindeiro 22 de decembro a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteará dous lotes de produtos típicos do Nadal.

 

O primeiro lote, composto por dúas cestas, será para a rifa cuxo número coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.

 



O segundo lote, composto por unha cesta e unha táboa de produtos, será para a rifa que coincida coas catro últimas cifras do segundo premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.

 



Desde a Directiva da A.D. Esteirana Remo queremos trasladar o noso máis profundo agradecemento aos nosos deportistas, posto que moitos deles, ademais de realizar a aportación de bastantes dos produtos, tamén se implicaron completamente na venda das case 3.500 rifas das que dispoñíamos. 


Recordar tamén que nos sorteos de firmas que se están realizando mensualmente nos bares de Esteiro, este mes hai un premio de 500€.


Sorte para todos os participantes en ambos sorteos!!!


Felices Festas!!!