Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

 CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA


De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro domingo 28 de xaneiro ás 11:30h en primeira convocatoria e as 12:00h en segunda convocatoria.



ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA:


  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

  2. Resumo actividade deportiva da temporada 2023.

  3. Estado final das contas da temporada 2023.

  4. Proxecto deportivo para a temporada 2024.

  5. Orzamento temporada 2024.

  6. Proxecto de colaboración co C.R. Muros.

  7. Rogos e preguntas.




En Esteiro a 15 de xaneiro de 2024.



A PRESIDENTA