XXI Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - II Bandeira #somosBOIRO
A traiñeira absoluta de Muros-Esteirana, que a partir desta temporada competirá baixo o nome de Club de Remo URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), e a traiñeira veterana mixta da A.D. Esteirana Remo, participaron hoxe na súa primeira regata do 2024, a "XXI Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - II Bandeira #somosBOIRO".
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Había inscritas un total de 49 traiñeiras repartidas entre as distintas categorías, motivo polo cal a organización divideu a competición en dúas contra o reloxo, unha pola mañá para as categorías sub'19 e as veteranas (femininas, mixtas e masculinas), e outar pola tarde para as categorías absolutas.
As condicións meteorolóxicas foron moi boas durante todo o día, co mar en calma e sen vento.
A traiñeira veterana mixta da A.D. Esteirana Remo competiu pola mañá. Tiña o número 12 na orde de saída e finalizou con un tempo de 16:43,22, tempo que a situaba na primeira posición das traiñeras veteranas mixtas.
O equipo que formaba a traiñeira veterana mixta foi o seguinte:
Alcira (Proeira)
(B6) Marta - Monasterio (E6)
(B5) Xan - Carmiña (E5)
(B4) Boubeta - Calde (E4)
(B3) Fran "Recho" - Pera (E3)
(B2) José de Ama - Óscar (E2)
(B1) Uxío - Otero (E1)
Fran (patrón)
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
A traiñeira de URME pola súa banda competiu pola tarde. Partía na posición 20 da orde de saída e finalizou a regata cun tempo de 21:22,2. Con ese tempo clasificouse no 9º posto da clasificación xeral.
O equipo que aliñou a traiñeira de URME foi o seguinte:
Maxi (Proeiro)
(B6) Lijó - Anxo (E6)
(B5) Simón - Xián (E5)
(B4) Fito - Javi (E4)
(B3) Leo - Pancho (E3)
(B2) Mateo - Xandre (E2)
(B1) Beni - Jonathan (E1)
Adriana (patroa)
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Desde o seguinte enlace pódense ver os resultados definitivos recollidos polo club organizador:
20240127_SEN-VET_Clasificación_XXI_ContraRoloxo_CaboDaCruz.pdf