Datos da competición:
- Regata: II Bandeira de Traiñeiras Muros de San Pedro
- Competición: Liga Galega de Veteranos 2024
- Modalidade: traiñeiras
- Categorías: veteranos masculina e feminina
- Tipo regata: campo tradicional de 3 boias
- Lugar: Muros
- Data: 25/05/2024
- Hora: 17:00h
Sexta xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, á que acudiu o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo.
O equipo que competiu nesta regata foi o formado por:
(proa) Alcira
(B6) Teresa - Txelo (E6)
(B5) Xan - Carmiña (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Fran "Recho" - Calde (E3)
(B2) Perre - Juan Carlos (E2)
(B1) Otero - Óscar (E1)
(patrón) Fran
Competiu
na primeira quenda pola boia 3, con Cesantes pola 2 e Celeiro pola 1. Finalizou na primeira posición da
súa quenda cun tempo de 14:45,49, que coa compensación de -11 segundos
que tiña o equipo aliñado hoxe, quedouse en 14:34,49.
Con ese tempo obtivo a 7ª posición na clasificación xeral da regata. Na clasificación xeral da Liga mantense na 7ª posición.
Tempos completos da "II Bandeira de Traiñeiras Muros de San Pedro" e clasificación xeral da Liga Galega de Veteranos (fonte @inforemobancofijo).