7 tripulacións da A.D. Esteirana Remo compiten este domingo no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar

Este vindeiro domingo, día 15 de setembro, a A.D. Esteirana Remo compite no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar con 7 equipos de varias categorías.

Este Campionato Galego celébrase na praia da Ornanda, en Porto do Son, e está organizada pola Federación Galega de Remo e o Club do Mar de Noia.



O formato desta competición consiste na saída a pé correndo dun dos remeiros desde a praia, embarque, e percorrido a remo de 700 metros para a categoría alevin (1 volta ás boias 1 e 2 do campo), 1.000 metros para a infantil (1 volta a todas as boias), 2.000 metros para cadetes e veteranos (2 voltas a toas as boias), e 3.000 metros para os xuveniles e séniors (3 voltas a todas as boias).

O campo de regatas é o seguinte:

 



A expedición da Esteirana estará formada polos seguintes equipos e categorías:

  • C1x cadete feminino (Maite F.)
  • C2x cadete feminino, 2 equipos (Adriana F. e Lucía N.; María C. e Noelia G.)
  • C2x xuvenil feminino (Noa C. e Aroa S.)
  • C1x veterano feminino (Carmiña C.)
  • C2x veterano feminino (Alcira R. e Txelo T.)
  • C2x veterano masculino (C. Boubeta e David T.)

Destacar tamén que Aitor R., remeiro cadete da A.D. Esteirana Remo, competirá no C1x cadete polo C.R. Muros, ao estar cedido durante esta temporada neste club.

A competición dará comezo ás 10:00h e transcorrerá de xeito continuado ata o remate das regatas, que se prevé que sexa ao arredor das 16:00h.

Estes son os horarios previstos para cada proba:

 


Moita sorte a todos os participantes!