Resultados do Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar

Datos da competición:

  • Regata: Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar
  • Competición: Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar
  • Modalidade: banco móbil de mar
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, absoluta e veterana
  • Tipo regata: campo de 4 balizas que había que rodear, con lonxitude total de 1.000 m.
  • Lugar: praia da Ornanda, Porto do Son (organizado polo C.M. de Noia)
  • Data: 15/09/2024
  • Hora: 10:00h




Na xornada de hoxe celebrouse na praia de Ornanda (Porto do Son),  organizado polo C.M. de Noia, o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar.

A A.D. Esteirana Remo participou con 7 equipos en 6 categorías:
  • C1x cadete feminina (Maite F.)
  • C2x cadete feminina, 2 equipos (Adriana F. e Lucía N.; María C. e Noelia G.)
  • C2x xuvenil feminina (Noa C. e Aroa S.)
  • C1x veterano feminina (Carmiña C.)
  • C2x veterano feminina (Alcira R. e Txelo T.)
  • C2x veterano masculina (C. Boubeta e David T.)

Tamén participou o noso remeiro Aitor R. na categoría C1x cadete masculina, polo C.R. Muros, ao estar cedido este ano a este club.

As probas empezaron un pouco despois das 10:00h e disputáronse durante todo o día de hoxe, rematando ao arredor das 18:00h.

Os equipos da A.D. Esteirana remo colleitaron os seguintes resultados:

  • 1º posto para o C2x veterano feminino (Alcira R. e Txelo T.)
  • 3º posto para o C1x cadete feminino (Maite F.)
  • 3º posto para o C2x veterano masculino (C. Boubeta e David T.)
  • 4º posto para o C2x cadete feminino (María C. e Noelia G.) 
  • 4º posto para o C1x veterano feminino (Carmiña C.)
  • 5º posto para o C2x cadete feminino (Adriana F. e Lucía N.) 
  • O C2x xuvenil feminino (Noa C. e Aroa S.) tivo que retirarse por rotura dun remo durante a regata.
Pola súa parte, Aitor R. rematou 11º na categoría C1x cadete masculina.