4ª Regata Liga Nacional Iberdrola de Remo de Mar
Datos da competición:
- Regata: 4ª Regata Liga Nacional Iberdrola de Remo de Mar
- Competición: Liga Nacional Iberdrola de Remo de Mar
- Modalidade: banco móbil de mar
- Categorías: infantil, cadete, xuvenil, absoluta e veterana
- Tipo regata: campo de 4 balizas que había que rodear, con lonxitude total de 2.000 m.
- Lugar: Praia da Ornanda, Porto do Son.
- Data: 20/09/2025
- Hora: 10:00h
![]() |
Ainhoa Creo (esquerda) 2ª clasificada e Mara Caamaño (dereita) 3ª clasificada na categoría C1x infantil feminina |
Hoxe celebrouse na Praia da Ornanda (Porto do Son), organizado
conxuntamente polo C.M. de Noia e a Federación Española de Remo, a 4ª Regata Liga Nacional Iberdrola de Remo de Mar.
A A.D. Esteirana Remo participou con 10 barcos en 6 categorías, colleitando os seguintes resultados:
- C1x infantil feminina
- Ainhoa Creo, 2º posto.
- Mara Caamaño, 3º posto.
- María Núñez, 7º posoto.
- C2x cadete feminina (Adriana Fernández e Lucía Díaz), 6º posto.
- C2x xuvenil feminina (María Cao e Noelia García), 2º posto.
- C1x veterano masculino (Juan Carlos Díaz), 11º posto.
- C1x veterana feminina:
- Alcira Romero, 3º posto.
- Carmiña Caamaño, 4º posto.
- C2x veterana mixta
- Alcira Romero e Carlos Boubeta, 3º posto.
- Txelo Tobío e David Torea, 4º posto.
María Cao e Noelia García, 2ª en C2x xuvenil feminina Alcira Romero, 3ª clasificada en C1x veterana feminina