Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar 2025
Datos da competición:
- Regata: Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar e Regata de Promoción
- Competición: Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar
- Modalidade: banco móbil de mar
- Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, absoluta e veterana
- Tipo regata: campo de 4 balizas que había que rodear, con lonxitude total de 1.000 m.
- Lugar: Praia dos Areos, A Pobra do Caramiñal.
- Data: 14/09/2025
- Hora: 10:00h
Na xornada de hoxe celebrouse na Pobra do Caramiñal, organizado conxuntamente polo C.R. Puebla e a FEGAR, o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar.
A A.D. Esteirana Remo participou con 8 barcos en 7 categorías, colleitando os seguintes resultados:
- C1x infantil feminina (Ainhoa Creo), 4º posto.
- C2x infantil feminina (Mara Caamaño e María Núñez), 3º posto.
- C2x cadete feminina (Adriana Fernández e Lucía Díaz), 10º posto.
- C2x xuvenil feminina (María Cao e Noelia García), 3º posto.
- C1x veterano masculino (Carlos M. Boubeta), 7º posto.
- C1x veterana feminina:
- Alcira Romero, 2º posto.
- Carmiña Caamaño, 3º posto.
- C2x veterana feminina (Alcira Romero e Txelo Tobío), 1º posto.
Tamén participou polo C.R. San Felipe a remeira da Esteirana Uxía Saborido na categoría C2x absoluta mixta, ao estar cedida este ano a este club. A súa embarcación clasificouse no 3º posto.