COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL
COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL A Xunta Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo acordou o inicio do proceso electoral para a elección da Presidencia da entidade, de conformidade co establecido nos Estatutos sociais. Prazo de presentación de candidaturas Ábrese un prazo de 15 días hábiles para a presentación de candidaturas á Presidencia da Asociación, que comprenderá o período entre o 3 de agosto e o 21 de agosto de 2026, ambos inclusive. As candidaturas deberán presentarse por escrito, firmadas, facendo constar a seguinte información: Nome, apelidos, DNI e número de socio da persoa candidata á Presidencia. Nome, apelidos, DNI e número de socio das demais persoas que compoñen o equipo directivo candidato. Información de contacto: correo electrónico e/ou postal e número de teléfono. As candidaturas poderán presentarse por correo postal certificado ou por correo electrónico. Non serán aceptadas candidaturas que non cheguen con todos os datos solicitados ou sen firm...