Arranca a Liga Galega de Traiñeiras coa participación de Muros-Esteirana

Mañá sábado 10 de xuño dará inicio no lago artificial das Pontes a Liga Galega de Traiñeiras 2023.

 

Vai ser a primeira vez que participe na LGT o equipo de Muros-Esteirana, e vai coincidir coa primeira vez que a liga se celebre nun concello do interior de Galicia, e polo tanto que as traiñeiras compitan en regatas en auga doce.

 

O plantel inicial co que conta o equipo é o seguinte:

 

https://www.ligalgt.com/principal/club/15-muros-esteirana

 

 

A xornada estará composta polas regatas das tres categorías e participarán, polo tanto, os equipos da liga feminina, os da liga A e os da liga B, onde se encadra Muros-Esteirana.

 

Ademais das regatas das tres categorías celebrarase a gala de presentación da LGT 2023 unha vez rematadas as competicións.


O calendario da temporada exténdese ata finais do mes de agosto, onde se pechará en Ares.


https://www.ligalgt.com/principal/calendario