I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de Veteranos

A Liga Galega de Veteranos chegaba na xornada de hoxe á localidade de Viveiro para disputar a I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de veteranos, organizada polo C.R. Celeiro.

 

O campo de regatas estaba en moi boas condicións aínda que había un lixeiro vento de nordés. Había tamén unha pequena ola de proa e popa, que axudaba ás embarcacións nos longos de volta. 

 

A Esteirana Remo competiu na primeira das quendas no carreiro 1. Polo 2 saía o equipo local de Celeiro e polo 3 Muros. A Esteirana aliñou nesta regata a seguinte tripulación:

 

Perre (proeiro)

(B6) Teresa - Óscar (E6)

(B5) Marta - Marinela (E5)

(B4) David - Calde (E4)

(B3) Xan - Juan Carlos(E3)

(B2) Otero - Txelo (E2)

(B1) Uxío - Carou (E1)

Alcira (patroa)


O primeiro longo foi bastante igualado entre Muros e Esteirana, mentras Celeiro xa quedou descolgado case desde o incio. Na primeira ceavoga Muros virou primeira, pero co noso equipo moi preto. No segundo longo Esteirana conseguiu acercarse un pouco máis a Muros, pero á saída da segunda ceavoga a Esteirana tivo que parar de remar uns segundos para esquivar a Celeiro que estaba entrando á boia cunha trazada errónea. A partir dese momento Muros conseguiu uns segundos de vantaxa que xa foron imposibles de recuperar pola Esteirana. 

 

Finalmente a Esteirana conseguiu gañerlle por tempos a Cesantes, que competía na segunda quenda, e remataba a regata na 7ª posición.

 

A bandeira gañouna Cabo da Cruz, que competía na 3ª quenda con Tirán e Chapela, que foi competindo en todo momento moi preto de Cabo pero que non foi capaz finalmente de gañarlle ao equipo de Boiro. 

 

Na clasificación xeral de liga, a Esteirana mantense no 8º posto que ven ocupando desde fai unhas regatas.

 

A vindeira proba, que será a última puntuable, disputarase o vindeiro domingo 11 en Muros.

 

Tempos completos da "I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de Veteranos" de traiñeiras de veteranas e veteranos (fonte @inforemobancofijo).