I Bandeira de Muros de Veteranos
A última regata da Liga Galega de Veteranos tiña lugar esta mañá en Muros, onde se disputaba a "I Bandeira de Muros de Veteranos".
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
O campo de regatas estaba en calma e as condicións meteorolóxicas eran ideais para a práctica do remo.
O equipo veterano mixto da Esteirana Remo na regata de hoxe estivo composto por:
Perre (proeiro)
(B6) Teresa - Marinela (E6)
(B5) Lidia - Carmiña (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Calde - Juan Carlos (E3)
(B2) Marta - Txelo (E2)
(B1) Otero - Carou (E1)
Alcira (patroa)
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
Competiron na primeira quenda, no carreiro 2. Nesta mesma quenda competía Muros polo carreiro 1 e Celeiro polo 3.
Desde o inicio da regata Muros impuxo un alto ritmo e distanciouse da Esteirana Remo e de Celeiro. A Esteirana Remo pola súa parte tamén conseguiu meterlle uns segundos no primeiro longo a Celeiro, que foi ampliando no resto da regata.
Finalmente a Esteirana Remo finalizaba na segunda posición na quenda, que gañou Muros.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
Na clasificación xeral da bandeira, a victoria foi finalmente para Cabo da Cruz, que competía na quenda 3 con Chapela e Tirán. Pola súa banda a Esteirana Remo finalizou na oitava posición.
No referente á clasificación final da Liga Galega de Veteranos a Esteirana Remo mantivo a oitava posición que viña mantendo nas últimas regatas.
Tempos completos da "I Bandeira de Muros de Veteranos" de traiñeiras de veteranas e veteranos (fonte @inforemobancofijo).