I Bandeira Muros de San Pedro de Bateis

Esta mañá de domingo disputouse unha nova xornada da Liga Galega de Bateis na Zona Norte en Muros. Ademais dos equipos femininos das categorías alevín, infantíl e cadete, a A.D. Esteirana Remo tamén participou nesta xornada cun equipo absoluto feminino e con outro masculino. Xunto a estas tripulacións da Esteirana Remo participaron tamén nesta regata un equipo xuvenil, outro sub'23 e un máis absoluto do C.R. Urme (proxecto de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o C.R. Muros). O equipo alevín feminino participou na primeira das quendas polo carreiro 5, finalizando a regata como primeiro clasificado da xeral na súa categoría, cun tempo final de 03:03,55. Pola súa banda ó equipo infantil tocoulle remar na terceira das quendas, pola boaia 1. Finalizou no décimo segundo posto da clasificación xeral, cun tempo final de 06:44,03. En canto ás cadetes femininas, competiron na segunda quenda pola rúa 1. Marcaron un tempo final de 08:32,19 que lles serviría para clasificarse na sexta p...