I Bandeira Muros de San Pedro de Bateis

Esta mañá de domingo disputouse unha nova xornada da Liga Galega de Bateis na Zona Norte en Muros.

Ademais dos equipos femininos das categorías alevín, infantíl e cadete, a A.D. Esteirana Remo tamén participou nesta xornada cun equipo absoluto feminino e con outro masculino. Xunto a estas tripulacións da Esteirana Remo participaron tamén nesta regata un equipo xuvenil, outro sub'23 e un máis absoluto do C.R. Urme (proxecto de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o C.R. Muros).




O equipo alevín feminino participou na primeira das quendas polo carreiro 5, finalizando a regata como primeiro clasificado da xeral na súa categoría, cun tempo final de 03:03,55.

Pola súa banda ó equipo infantil tocoulle remar na terceira das quendas, pola boaia 1. Finalizou no décimo segundo posto da clasificación xeral, cun tempo final de 06:44,03.

En canto ás cadetes femininas, competiron na segunda quenda pola rúa 1. Marcaron un tempo final de 08:32,19 que lles serviría para clasificarse na sexta posición final da categoría.

Seguindo co grupo feminino, na categoría absoluta o equipo da Esteirana Remo remou na segunda quenda polo carreiro 2. Finalizaron cun tempo de 11:33,31 na sexta posición.

Con respecto ao apartado masculino, na categoría xuvenil participaba o equipo do C.R. Urme na única quenda en disputa, finalizando na terceira posición cun tempo de 09:59,03.

Dentro da categoría sub'23 masculina o C.R. Urme tamén competiu cun equipo. Só se disputou unha quenda e remou polo carreiro 5, finalizando de terceiro cun tempo final de 10:24,75.

Na categoría absoluta masculina participaron un equipo do C.R. Urme e outro da Esteirana Remo na única quenda en disputa. O equipo do C.R. Urme, remando polo carreiro 3 foi o vencedor final nesta categoría cun tempo de 09:58,42, mentras que o equipo de Esteirana remou polo carreiro 1 e finalizou de quinto cun tempo final de 10:16,71.

A vindeira xornada da liga disputarase o sábado 24 de febreiro na localidade de Narón.

 

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Aliñación do equipo do C.R. Urme nesta regata.

 

Tempos completos da "I Bandeira Muros de San Pedro" (fonte @inforemobancofijo).