Traslado da "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" de bateis ao campo de regatas alternativo da Pobra do Caramiñal

Debido ás malas condicións do mar que indican as predición meteorolóxicas, a Directiva da A.D. Esteirana Remo tomou a decisión de trasladar a "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" de bateis que se ía celebrar este sábado día 10 de febreiro en Esteiro, ao campo alternativo da Pobra do Caramiñal.

Antes do inicio da temporada os clubs participantes na Zona Norte da Liga Galega de Bateis acordaron aprobar e incluir na normativa que, no caso de que algunha regata non se poidera celebrar, por exemplo por causas meteorolóxicas, o club organizador podería decidir o traslado da súa proba ao campo alternativo da Pobra do Caramiñal, que ao ser un campo resgardado dentro do porto, non sofre as condicións adversas como sucede noutros. 

Polo tanto, debido ás condicións que se prevén, e sempre pensando na seguridade dos deportistas ante todo, pero tamén coa intención de non cancelar definitivamente a nosa regata do calendario, a Directiva decidiu trasladar a competición á Pobra do Caramiñal.

Será no mesmo horario que se tiña previsto en Esteiro. Sábado 10 de febreiro ás 16:00h.

Queremos tamén pedirlle disculpas aos afeccionados que tiñan pensado asistir a esta regata e queremos agradecer, de antemán, aos que dadas as circunstancias decidan desprazarse á Pobra para animar aos deportistas.