Cancelación definitiva da "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" polas malas condicións meteorolóxicas

Logo de que a nosa Directiva tomara a decisión de utilizar a opción do campo alternativo da Pobra do Caramiñal, unha vez constatado que en Esteiro sería imposible levar a cabo a organización da bandeira debido as malas condicións que daba a predición meteorolóxica, os equipos desprazáronse esta tarde á Pobra para a disputa da XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis.

As condicións por momentos non eran as máis óptimas debido ao forte vento que sopraba. Aínda así as rapazas da categoría alevín disputaron as súas regatas, pero o tempo empeoraba e xa coas infantiles en competición tomouse a decisión definitiva de suspender a disputa da Bandeira.

Así a Liga Galega de Bateis perde unha das probas do calendario, pero foi unha decisión consensuada e sempre pensando na seguridade dos deportistas. 

A vindeira semana a liga desprázase a Mugardos, onde estarán en disputa a "IV Bandeira de Bateis Concello de Mugardos (Masculino)" e a "V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos (Feminino)".

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose