A Deputación da Coruña concédelle á A.D. Esteirana Remo unha subvención para a adquisición e reparación de material deportivo de competición
O pasado 19 de maio de 2025 a Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña unha Resolución pola que aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa "FO104: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2025".
Nesa Resolución a Deputación da Coruña aproba a concesión definitiva dunha axuda de 10.074€ á Asociación Deportiva Esteirana Remo.
Para a concesión desta axuda a Asociación Deportiva Esteirana Remo realizou un investimento total de 12.592,66€ na adquisición de diverso material de competición, así como na reparación de 3 bateis dos que xa dispoñía.
Resolución publicada o pasado 19 de maio de 2025 pola Deputación da Coruña.