Acto de presentación oficial e posta do nome das nosas instalacións deportivas

 

Estimados/as amigos/as,

O Concello de Muros e a Asociación Deportiva Esteirana de Remo teñen a honra de convidarvos ao acto de presentación oficial e posta do nome das instalacións deportivas do noso club, que dende este día levarán con orgullo o nome de:


Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino"


Con este xesto queremos render homenaxe á súa traxectoria, entrega e compromiso co remo e coa nosa comunidade.

O acto terá lugar o:


📅 24 de maio


🕔 12:00


📍 Instalacións da Asociación Deportiva Esteirana de Remo – Esteiro



Contaremos coa presenza do propio Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino", a quen lle renderemos este merecido recoñecemento rodeado de amizades, familia e compañeiros/as do mundo do remo.

Ao remate do acto, ofrecerase un catering para todos os asistentes, como momento de encontro e confraternidade entre os distintos clubs, asociacións e persoas presentes.

Agardamos contar coa vosa presenza para celebrar xuntas este día tan especial para a nosa vila e para o remo galego.