As instalacións da Asociación Deportiva Esteirana Remo levan desde hoxe o nome de Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino"

Esta mañá celebrouse o acto oficial no que se lle poñía o nome de Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino" ás instalacións de remo da Asociación Deportiva Esteirana Remo.

"Fino" foi o máximo responsable da nosa entidade durante case tres décadas, tempo no que se conseguiron grandes resultados deportivos e tamén as instalacións que hoxe levan o seu nome. Nesta outro artigo hai máis detalle destes fitos.

O acto estivo presidido pola Alcaldesa de Muros e acudiron tamén outros membros da Corporación Municipal, representantes de Directiva do C.R. Muros, o Presidente da Asociación Liga Noroeste de traiñeiras, a Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo, socios da nosa entidade, remeiros das categorías inferiores do club e máis dun cento de veciños e representantes doutras asociacións de Esteiro.

Foi un acto moi emotivo, no que ademais a Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo obsequiou a "Fino" cun agasallo en recoñecemento ó seu labor. 


"Fino" co agasallo entregado por Carmiña Caamaño, Presidenta da
A.D. Esteirana Remo, en recoñecemento ao traballo de tantos anos
na nosa entidade


No seguinte vídeo recóllese o momento no que "Fino" e a Alcaldesa descubren o nome das instalacións, e a posterior entrega por parte da Presidenta da A.D. Esteirana Remo do agasallo da Directiva do noso club.