Premio no sorteo dos bares

O día de Reis a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteaba 500€ para o número que coincidira coas tres últimas cifas do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional do 'Neno'.




O premio tocoulle a un veciño do Maio que asinara o número 603 no Areas Pub.


Esta mañá a Directiva da Asociación Esteirana Remo facía entrega do premio no local onde se asinou.





Parabéns para o agraciado!!!