Finaliza a Escola de Remo 2023

Hoxe finalizou a Escola de Remo 2023. A Directiva da A.D. Esteirana Remo quere agradecer a confianza depositada polas familias das nenas e nenos que participaron , tanto na nosa entidade coma no traballo dos monitores e axudantes que estiveron a fronte desta actividade . Durante os dous meses que se desenvolveu a actividade da escola de remo houbo unha participación de 33 nenas e 14 nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos. Os rapaces, aparte das actividades máis propias do mundo do remo, tamén participaron doutro tipo de actividades como xogos, excursións e algunha pequena festiña ou celebración. Desde o punto de vista máis deportivo, tamén participaron en algunha competición que realizamos entre eles, tanto en terra coma no mar. En terra houbo un campionato de ergómetro e no mar algunha que outra regatiña de bateis. Hoxe que foi o último día da actividade organizamos unha travesía a remo ata a Creba, posteriormente ...