Campionado Provincial de Bateis da Coruña. O equipo alevín feminino da Esteirana Remo proclámase subcampión provincial e o xuvenil masculino do C.R. Urme proclámase campión

Durante esta fin de semena disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Provincial de Bateis da Coruña 2024, onde os 4 primeiros clasificados de cada categoría obtiñan o pasaporte para disputar, a vindeira fin de semana, o Campionato Galego da especialidade. Este campionato disputouse a dúas xornadas. O sábado eran as regatas eliminatorias, con dúas tantas de cinco equipos por categoría, que conseguiran o pase a estas eliminatorias por quedar entre os dez mellores equipos da Liga Galega de Bateis. O domingo as finais, cunha soa regata por categoría, formada polos dous primeiros clasificados de cada tanda eliminatoria do día anterior e, dos terceiros, o que conseguiu o mellor tempo. A A.D. Esteirana Remo participaba neste campionato cos seus tres equipos femininos (alevín, infantil e cadete) e o equipo alevín conseguiu o subcampionato provincial. O C.R. Urme pola súa parte competía cos tres equipos masculinos, sub'23, absoluto e xuvenil, este último proclamánd...