Liga Territorial Norte de bateis en Muros

Esta tarde celebrouse en Muros a primeira regata da Liga Territorial Norte de bateis deste ano 2023.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 

Nesta proba déronse cita os clubs C.R. Puebla, C.R. A Cabana, C.R. Cabo da Cruz, C.M. Mugardos, C.R. Náutico de Ribeira, C.R Rianxo, C.R. Ares, C.R. Perillo, o club anfitrión C.R. Muros e a A.D. Esteirana Remo.

 

A Asociación Deportiva Esteirana Remo estaba representada nesta proba por tres tripulacións; unha feminina, alevín, e dúas masculinas, cadete e sénior.

 

A tripulación alevín feminina obtivo un noveno posto na clasificación final, mentras que os equipos masculinos, os cadetes finalizaron oitavos e os sénior quintos.

 

Desde este enlace pódese descargar as clasificacións completas (fonte @inforemobancofijo): descargar clasificación.

 

A Liga Territorial Norte de bateis trasládase o vindeiro sábado a localidade lucense de Celeiro. 

 

Algunas fotos da xornada de hoxe de bateis (fonte https://www.facebook.com/moitoremojose).