Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar a resolución a través da cal aproba de xeito definitivo unha subvención á A.D. Esteirana Remo para a adquisición dunha furgoneta para o transporte de deportistas e material deportivo.

 



A axuda aprobada foi solicitada a través do "Programa FO104V-R: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS AOS CLUBS DE REMO DA PROVINCIA PARA ADQUISICIÓN
DE VEHÍCULOS DE USO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2022
", e xa contaba con unha aprobación inicial no 2022 na cal a A.D. Esteirana Remo debería invertir 49.788,21€, dos cales a Deputación subvencionaba o 50,21% que supoñían 25.000€.


No mes de decembro pasado solicitouse á Deputación unha modificación do investimento de acordo coas bases reguladoras das axudas, modificación que foi aprobada con esta resolución.

 

Finalmente para a adquisición deste vehículo a A.D. Esteirana Remo debe realizar unha inversión de 32.753,28€, dos cales a Deputación da Coruña subvencionará o 76,32% que ascende a un total de 25.000€.


O vehículo que se vai adquirir é un Renault Traffic con capacidade para 9 pasxeiros incluido o condutor, con un motor de 110kw (150cv), e está previsto que sexa entregado polo concesionario no vindeiro mes de marzo.