XX Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO

A pesar de que inicialmente se inscribiran 51 traiñeiras, finalmente houbo dúas baixas e foron un total de 49 as traiñeiras que tomaron a saída esta mañá na XX Contra Reloxo de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO. A proba era sobre un campo de regatas de dous largos.


A A.D. Esteirana Remo participou na proba tanto co equipo sénior de Muros-Esteirana, que tiña o posto 34 na orde de saída, coma co veterano mixto que saía de 5º.

 

 

Equipo de Muros-Esteirana na contra o reloxo de onte. Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/


No momento do incio da proba as condicións meteorolóxicas eran moi difíciles debido ao forte vento de nordés, que foi mellorando un pouco a medida que foi avanzando a mañá. Esta circunstancia fixo que varios equipos, entre eles o veterano mixto da Esteirana, foran penalizados con 10” por non coller a estacha na saída. 


O equipo absoluto de Muros-Esteirana finalizou a proba absoluta no 20º posto final cun tempo de 26:04,0 superando a varios dos rivais cos que competirá na LGT ‘B’.


Pola súa parte o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo finalizou no posto 40º xeral, 6º dentro da categoría veterana, e sendo o primeiro clasificado dos equipos veteranos mixtos.

 

 

Equipo da A.D. Esteirana Remo veteranos mixto na regata de onte. Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/

Desde o seguinte enlace pódense ver os resultados definitivos recollidos polo club organizador: 20230205_SEN_VET_Clasificacion_Cabo_XX_ContraReloxoCaboDaCruz.pdf