Sinatura do convenio de colaboración co Concello de Muros

Esta mañá tivo lugar o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o Concello de Muros para o ano 2023.

 

Foi un acto conxunto entre o concello e os dous clubs de remo do municipio, onde tamén se asinou por parte do concello un convenio similar co C.R. Muros.  

 

Ao acto de sinatura asistiron por parte da Directiva da A.D. Esteirana Remo a Presidenta e a Secretaria da nosa entidade.

 

Fonte: Concello de Muros

 

A sinatura deste convenio, ademais da axuda para a actividade que realiza a nosa entidade, inclúe tamén o compromiso por parte da A.D. Esteirana Remo para continuar coa organización da Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras, que celebrará este verán en Esteiro a súa XVI edición. Esta edición estará encadrada na Liga Galega de Traiñeiras 'B', onde participará a traiñeira absoluta de Muros-Esteirana.

 

Desde a A.D. Esteirana Remo queremos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Muros polo apoio e o compromiso co deporte do remo, e en particular coa nosa organización.