Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

A A.D. Esteirana Remo participa cunha traiñeira feminina no IX Memorial Miguel Fernández Lores “LAGAR” de Traiñeiras

Imaxe
Datos da competición: Regata: IX Memorial Miguel Fernández Lores  “LAGAR” Competición: ontra o reloxo non oficial Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta e veterana masculina, feminina e mixta Tipo regata : contra o reloxo Lugar: O Grove (Pontevedra) Data: 15/12/2024 Hora: 12:00h   Todas as imaxes foron realizadas por "Remeirando" .   A A.D. Esteirana remo participou cunha traiñeira totalmente feminina no IX Memorial Miguel Fernández Lores  “LAGAR”.   O equipo que competíu esta mañá, formado por remeiras de categorías xuvenil e absoluta, foi o seguinte:   (proa) Alcira (B6) Lucía - Ainé (E6) (B5) Teresa - Ana (E5) (B4) Uxía - Txelo (E4) (B3) Marinela - Lidia (E3) (B2) Marta - Lola (E2) (B1) Maite - Andrea (E1) (patrón) Aroa       Este equipo leva moi poucos entrenos xuntas, pero as sensacións foron moi boas. Remataron na 9ª poisición da categoría feminina cun tempo de 27:19,43. Tamén competiron dúas traiñeiras do C.R. Urme na ...

Maite Figueroa participa no "I Stage de Tecnificación" da Federación Galega de Remo

Imaxe
A Federación Galega de Remo organizou no día de onte un "STAGE DE CAPTACIÓN DE TALENTOS PARA A SELECCIÓN GALEGA 2025". Neste evento, limitado a 12 remeiras e outros 12 remeiros, podíanse inscribir deportistas nados entre os anos 2007 e 2010. A A.D. Esteirana Remo inscribiu no evento a Maite Figueroa, unha das remeiras das categorías de formación do club, que o ano que ven pasa a ser xuvenil.   Maite entrenando no foso do noso club O evento organizábase no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, desde as 09:00h ata as 19:00 horas. No seguinte vídeo vese parte do traballo realizado durante o día de onte, neste caso nun W8+, no que Maite remaba na posición nº 5.   Un día cheo de actividades e de formación xunto con deportistas de outros clubs, do que seguro se empapou para ser unha mellor versión de ela mesma.

Acordo para a continuidade do proxecto C.R. Urme no 2025

Imaxe
As Directivas do C.R. Muros, C.R. Urme e a A.D. Esteirana Remo reuníronse o pasado domingo día 6 nas instalacións do C.R. Muros para certificar a continuidade do proxecto do C.R. Urme na temporada 2025.   Fonte: https://www.ligalgt.com   Na reunión acabáronse de definir aspectos de funcionamento do C.R. Urme que as tres Directivas entenden que se poden mellorar, aínda que se seguirá funcionando coa mesme filosofía de base coa que se iniciou o proxecto. Tamén se ratificou de xeito oficial darlle continuidade ao responsable deportivo do proxecto, Benigno Fábregas, co que de xeito extraoficial xa existía un preacordo. Desde a A.D. Esteirana Remo traballaremos para que todos os equipos, tanto da Esteirana coma de Urme, poidan conseguir os máximos éxitos no 2025.

Resultados do Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar Competición: Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar Modalidade: banco móbil de mar Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, absoluta e veterana Tipo regata : campo de 4 balizas que había que rodear, con lonxitude total de 1.000 m. Lugar: praia da Ornanda, Porto do Son (organizado polo C.M. de Noia) Data: 15/09/2024 Hora: 10:00h Na xornada de hoxe celebrouse na praia de Ornanda (Porto do Son),  organizado polo C.M. de Noia, o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar. A A.D. Esteirana Remo participou con 7 equipos en 6 categorías : C1x cadete feminina (Maite F.) C2x cadete feminina, 2 equipos (Adriana F. e Lucía N.; María C. e Noelia G.) C2x xuvenil feminina (Noa C. e Aroa S.) C1x veterano feminina (Carmiña C.) C2x veterano feminina (Alcira R. e Txelo T.) C2x veterano masculina (C. Boubeta e David T.) Tamén participou o noso remeiro Aitor R. na categoría C1x cadete masculina, polo ...

7 tripulacións da A.D. Esteirana Remo compiten este domingo no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar

Imaxe
Este vindeiro domingo, día 15 de setembro, a A.D. Esteirana Remo compite no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Mar con 7 equipos de varias categorías. Este Campionato Galego celébrase na praia da Ornanda, en Porto do Son , e está organizada pola Federación Galega de Remo e o Club do Mar de Noia. O formato desta competición consiste na saída a pé correndo dun dos remeiros desde a praia, embarque, e percorrido a remo de 700 metros para a categoría alevin (1 volta ás boias 1 e 2 do campo), 1.000 metros para a infantil (1 volta a todas as boias), 2.000 metros para cadetes e veteranos (2 voltas a toas as boias), e 3.000 metros para os xuveniles e séniors (3 voltas a todas as boias). O campo de regatas é o seguinte:   A expedición da Esteirana estará formada polos seguintes equipos e categorías: C1x cadete feminino (Maite F.) C2x cadete feminino, 2 equipos (Adriana F. e Lucía N.; María C. e Noelia G.) C2x xuvenil feminino (Noa C. e Aroa S.) C1x veterano feminino (Carmiña C.) C2x ...

Peche das escolas de remo 2024

Imaxe
No día de hoxe púxose o punto final á Escola de Remo 2024 da Asociación Deportiva Esteirana Remo. Ao final da xornada matinal de hoxe cos nenos, o equipo de monitores e colaboradores tíñalle preparado aos cativos un pequeno aperitivo de despedida.  Un verán máis esta actividade tivo unha magnífica acollida entre a xente de Esteiro e as familias que nos visitan durante estes meses. Intentaremos seguir mellorando para poder acoller a máis nenos e adultos en vindeiras edicións, pero tamén para poder prestar unha mellor atención e de máis calidade. Moitas grazas ás nais e pais por confiar un ano máis na nosa entidade para que os nenos disfruten do seu tempo de lecer e se inicien no deporte. Os monitores, colaboradores e Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo queremos desexarvos que pasedes felizmente o resto do verán, que o curso 2024-2025 veña cheo de éxitos, e queremos sobre todo animámosvos a continuar con nós competindo como deportistas federados xa na temporada 2025. O...

10º posto do C.R. URME no XXXVIII Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras, e 9º posto na clasificación final da LGT "A"

Imaxe
Datos da competición: Regata: XXXVIII Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras Competición:  Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" (xornada do sábado) Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta masculina Tipo regata : sábado contra reloxo clasificatoria, domingo final dos 10 mellores tempos do sábado Lugar: A Coruña Data: 24/08/2024 e 25/08/2024 Hora: 18:30h o sábado e 12:00h o domingo Fonte: https://www.ligalgt.com Derradeiro fin de semana de competición da Liga Galega de Traiñeiras 2024, coa disputa do XXXVIII Trofeo Teresa Herrera, que se disputou a doble xornada, cunha contra reloxo o sábado 24 de agosto que seleccionaba os 10 mellores tempos para disputar a final do domingo 25. Só a xornada do sábado era puntuable para a LGT, e nesta xornada o C.R. URME competíu coa seguinte tripulación. Fonte: https://www.ligalgt.com A orde de saída que lle tocou a Urme na contra reloxo foi o 7º lugar, e finalizou a proba cun tempo de 22:36,86 no 8º posto, conseguindo así clasificarse pa...

Liga Galega de Traiñeiras. 9º posto para o C.R. URME na "X Bandeira Marina Cabo da Cruz"

Imaxe
Datos da competición: Regata: X Bandeira Marina Cabo da Cruz Competición:  Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta masculina Tipo regata : en liña, campo de 4 boias e 3 ceavogas Lugar: Ares Data: 18/08/2024 Hora: 12:30h   Fonte: https://www.ligalgt.com   Décimo segunda xornada da Liga Galega de Traiñeiras "A" 2024, na que competía o equipo do C.R. URME coa seguinte tripulación.   Fonte: https://www.ligalgt.com Competiu na segunda quenda polo carreiro 2. Finalizaron cun tempo de 21:21:41 na 3ª posición da súa quenda. Na clasificación xeral da regata obtivo o 9º posto. Co resultado colleitado hoxe mantense no 9º posto da clasificación xeral da LGT "A".   TEMPOS DA "X Bandeira Marina Cabo da Cruz "     Fonte: https://www.ligalgt.com Fonte: https://www.ligalgt.com CLASIFICACIÓN XERAL DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS "A" 2024   Fonte: https://www.ligalgt.com  

Liga Galega de Traiñeiras. 9º posto para o C.R. URME na "XVII Bandeira Concello de Muros"

Imaxe
Datos da competición: Regata: XVII Bandeira Concello de Muros Competición:  Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta masculina Tipo regata : en liña, campo de 4 boias e 5 ceavogas Lugar: Ares Data: 17/08/2024 Hora: 17:00h   Fonte: https://www.ligalgt.com Décimo primeira xornada da Liga Galega de Traiñeiras "A" 2024, na que competía o equipo do C.R. URME coa seguinte tripulación.   Fonte: https://www.ligalgt.com   Competiu na primeira quenda polo carreiro 2. Finalizaron cun tempo de 21:58:65 na 2ª posición da súa quenda. Na clasificación xeral da regata obtivo o 9º posto. Co resultado colleitado hoxe mantense no 9º posto da clasificación xeral da LGT "A".   TEMPOS DA " XVII Bandeira Concello de Muros "   Fonte: https://www.ligalgt.com   Fonte: https://www.ligalgt.com CLASIFICACIÓN XERAL DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS "A" 2024   Fonte: https://www.ligalgt.com  

Liga Galega de Traiñeiras. 10º posto para o C.R. URME na "XVII Bandeira Concello de Ares"

Imaxe
Datos da competición: Regata: XVII Bandeira Concello de Ares Competición:  Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta masculina e feminina Tipo regata : en liña, campo de 4 boias e 3 ceavogas Lugar: Ares Data: 11/08/2024 Hora: 17:00h     Fonte: https://www.ligalgt.com Décima xornada da Liga Galega de Traiñeiras "A" 2024, na que competía o equipo do C.R. URME coa seguinte tripulación.   Fonte: https://www.ligalgt.com   Competiu na segunda quenda polo carreiro 1. Finalizaron cun tempo de 21:36:54 na 4ª posición da súa quenda. Na clasificación xeral da regata obtivo o 10º posto. Co resultado colleitado hoxe sitúase no 9º posto da clasificación xeral da LGT "A".   TEMPOS DA " XVII Bandeira Concello de Ares "   Fonte: https://www.ligalgt.com   Fonte: https://www.ligalgt.com     CLASIFICACIÓN XERAL DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS "A" 2024   Fonte: https://www.ligalgt.com    

Liga Galega de Traiñeiras. 10º posto para o C.R. URME na "XXXVI Bandeira Princesa de Asturias"

Imaxe
Datos da competición: Regata: XXXVI Bandeira Princesa de Asturias Competición:  Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta masculina e feminina Tipo regata : en liña, campo de 4 boias e 3 ceavogas Lugar: Castropol (Asturias) Data: 04/08/2024 Hora: 17:30h Fonte: https://www.ligalgt.com Novena xornada da Liga Galega de Traiñeiras "A" 2024, na que competía o equipo do C.R. URME coa seguinte tripulación. Fonte: https://www.ligalgt.com Competiu na primeira quenda polo carreiro 3. Finalizaron cun tempo de 21:23:93 na 3ª posición da súa quenda. Na clasificación xeral da regata obtivo o 10º posto. Co resultado colleitado hoxe recupera o 8º posto da clasificación xeral da LGT "A". TEMPOS DA "XXXVI Bandeira Princesa de Asturias " Fonte: https://www.ligalgt.com Fonte: https://www.ligalgt.com CLASIFICACIÓN XERAL DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS "A" 2024   Fonte: https://www.ligalgt.com