Uxía Saborido foi convocada pola Selección Galega para o Campionato de España por Autonomías

No día de hoxe recibimos a convocatoria oficial da Federación Galega de Remo na que anunciaban a lista de integrantes da Selección Galega que participará este vindeiro fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Castrelo de Miño (Ourense).

Na lista de seleccionados estaba a deportista da A.D. Esteirana Remo Uxía Saborido, que competirá na categoría absoluta na modalidade de 8+.

Entre os seleccionados están tamén nomes coñecidos como os de Caetano Horta e Rodrigo Conde, remeiros galegos que participaron na pasada Olimpiada de París 2024.

Lista completa de seleccionados na categoría absoluta

 

Maite Figueroa (esq.) e Uxía Santiago (der.) no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo do pasado 1 de febreiro


 Os horarios dar probas son os seguintes: