O 8+ absoluto feminino da Selección Galega do que formaba parte Uxía Saborido consegue a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas
Datos da competición:
- Regata: Campionato de España de Seleccións Autonómicas
- Competición: Campionato de España de Seleccións Autonómicas
- Modalidade: remo olímpico
- Categorías: cadete, xuvenil e absoluta
- Tipo regata: 1.000m
- Lugar: Castrelo de Miño (Ourense)
- Data: 09/02/2025
- Hora: 11:00h
No día de hoxe disputábase en Castrelo de Miño (Ourense) o Campionato de España por Autonomías de remo olímpico.
![]() |
Uxía Saborido (segunda pola esquerda), coas compañeiras da Selección Galega que obtiveron a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas |
Como xa contábamos fai uns días, Uxía Saborido fora convocada pola Selección Galega para participar no equipo feminino na modalidade 8+, equipo que conseguiu a 3ª posición e, polo tanto, medalla de bronce.
Máis información na web da Federación Española de Remo.