Acordo de colaboración co C.R. Muros para a Liga Galega de Traiñeiras 2023

Tras varios meses de negociacións o Club de Remo Muros e a Asociación Deportiva Esteirana Remo alcanzaron un acordo de colaboración para participar de xeito conxunto na Liga Galega de Traiñeiras.
Nos últimos anos os dous clubs viñan experimentando unha reducción no número de deportitas para participar nesta modalidade do banco fixo, o que animou ás directivas a que se empezaran a analizar propostas de proxectos conxuntos.
 
No ano 2022 xa se realizou unha primeira tentativa dunha traiñeira conxunta, pero finalmente a proposta non frutificou.
 
O acordo ao que chegan agora as directivas é en principio para a tempada 2023, pero coa visión posta en que este proxecto deportivo se poida consolidar en vindeiras tempadas coa creacion dun club en conxunto para seguir competindo nesta modalidade.
 
 
Club de Remo Muros Asociación Deportiva Esteirana Remo


O proxecto a nivel deportivo estará liderado por Beni Fábregas, persoa con unha dilatada experiencia no mundo do remo tanto de remeiro coma de adestrador.

O equipo inscríbese na LGT co nome de Muros-Esteirana e, aínda que levaban entrenando por separado en cada club desde o mes de outubro, os primeiros días deste 2023 iniciaron xa os primeiros adestramentos de xeito conxunto.