Resultados do VII Memorial Pepe "O Ruso" de traiñeiras (Bueu)

Esta mañá celebrouse en Bueu a contrarreloxo de pretemporada de traiñeiras VII Memorial Pepe "O Ruso", onde se concentraron 36 equipos de diversas categorías.

A Asociación Deportiva Esteirana Remo participou coa traiñeira veterana mixta e obtivo un 6º posto na súa categoría. O equipo foi penalizado con 10" por tomar a saída sen coller a estacha.

 

(C) Tercos Meira

 

A mesma penalización que o equipo veterano mixto da Esteirana Remo tamén se lle aplicou aos equipos Cesantes (veterano), Tirán veterano, Chapela Veterano, Tirán "B" (absoluto) e Rianxo (absoluto).

 

Clasificación da regata da categoría de veteranos:

 

VETERANOS
Posto Equipo Orde saída 1ª ceavoga 2ª ceavoga 3ª ceavoga Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior
1 CR CHAPELA 10 03:52:00 09:40:00 20:05:00 22:33,57

2 SD SAMERTOLAMEU 4 03:58:00 09:58:00 20:44:00 22:59,77 00:26,20 00:26,20
3 CCD CESANTES 8 04:16:00 10:17:00 21:02:00 23:30,32 00:56,75 00:30,55
4 SD TIRÁN 9 04:05:00 10:09:00 21:02:00 23:30,71 00:57,14 00:00,39
5 CR MUROS 5 04:06:00 10:18:00 21:26:00 23:52,00 01:18,43 00:21,29
6 AD ESTEIRANA 6 04:03:00 10:23:00 21:23:00 23:57,53 01:23,96 00:05,53
7 CR RIANXO 7 04:10:00 10:30:00 21:41:00 24:05,21 01:31,64 00:07,68
8 CR CELEIRO (mixto) 1 04:13:00 10:48:00 22:30:00 24:56,80 02:23,23 00:51,59


Vídeo da regata de hoxe gravado por "Tercos Meira":