Debut de Muros-Esteirana no Grove

Esta mañá celebrouse no Grove o VIII Memorial Miguel Fernández Lores “Lagar”, organizada polo C.R. Mecos, onde fixo a súa estrea en competición a traiñeira absoluta masculina de Muros-Esteirana.

 

 

Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/


 

Na localidade arousana déronse cita 31 equipos, dos cales 17 eran absolutos másculinos, 6 absolutos femininos, 6 veteranos, 1 mixto e outro da escola de remo do club organizador.


A regata era na modalidade de contra o reloxo e disputábase nun campo con formato  triangular.


As condicións meteorolóxicas, con vento bastante forte do nordés que foi en aumento ao longo da mañá, dificultaron a actuación de todos os equipos. De feito, debido a estas circunstancias varias tripulacións foron penalizadas con 10 segundos por non coller a estacha na saída. Un dos equipos penalizados foi o de Muros-Esteirana.


 

Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/



Muros-Esteirana rematou a proba cun tempo final de 23:50,75 no décimo quinto posto da xeral. Un bo debut con tempos moi parellos cos rivais directos da vindeira Liga LGT ‘B’.


A continuación pódense ver os tempos oficiais da proba.