Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 19:00h en primeira convocatoria e as 19:30h en segunda convocatoria.
 
A continuación pode visualizar o documento de convocatoria oficial do club, coa orde do día da Asamblea.