Campionato Galego de Bateis. O equipo xuvenil masculino de Urme proclámase campión galego e as alevíns femininas da Esteirana Remo rematan na 3ª posición

O remo galego volvía esta fin de semana á Pobra do Caramiñal, onde se disputou o Campionato Galego de Bateis.

O sábado disputáronse as eliminatorias, con dúas tandas de catro participantes por categoría. Hoxe foron as finais ás que accedían os dous primeiros equipos de cada tanda eliminatoria, e o mellor tempo dos terceiros.

Para a xornada de onte conseguira clasificarse logo da final provincial da Coruña do fin de semana pasado, o equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo, xunto co xuvenil e o sub'23 masculinos do C.R. Urme. Despois da disputa destas eliminatorias de onte, o equipo sub'23 masculino de Urme quedaba fóra das finais, ás que si conseguíron acceder tanto o equipo xuveníl coma o alevín feminino da Esteirana Remo.

Nas finais que se celebraron hoxe o equipo xuvenil masculino do C.R. Urme proclamouse campión galego da especialidade na súa categoría, mentras que o equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo conseguía a 3ª posición.

Equipo xuvenil masculino do C.R. Urme, campión galego de bateis 2024. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo, 3º clasificado no Campionato Galego de Bateis 2024. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Con estes resultados, tanto o equipo xuvenil de Urme coma o alevín feminino da Esteirana Remo conseguen praza no Campionato de España que se vai celebrar o vindeiro fin de semana na mesma localidade da Pobra do Caramiñal.

ELIMINATORIAS DO SÁBADO.
 
Datos da competición (eliminatorias):

  • Regata: Eliminatorias do Campionato Galego
  • Competición: Campionato Galego de Bateis 2024
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 20/04/2024
  • Hora: 11:00h

O equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo competiu na primeira quenda polo carreiro 2 e finalizou na segunda posición da súa quenda, tan só por detrás da S.D. Tirán. Con ese resultado conseguían o pase as finais de hoxe. O tempo que fixeron foi de 02:32,69.

O equipo xuvenil masculino do C.R. Urme remou na segunda quenda da súa categoría tamén pola boia 2. Rematou como primeiro clasificado da quenda cun tempo de 09:17,49 e conseguía así tamén o pase para a final de domingo.

Sen embargo o equipo sub'23 masculino do C.R. Urme non foi quen de conseguir clasificarse para as finais de domingo ao rematar na cuarta posición da súa eliminatoria. Remou na segunda quenda pola rúa 3 e finalizou cun tempo de 09:42,91.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Aliñación dos equipos do C.R. Urme nesta regata.

Tempos completos das "Eliminatorias do Campionato Galego de Bateis 2024" (fonte @inforemobancofijo).

FINAIS DO DOMINGO.

Datos da competición (finais):

  • Regata: Finais do Campionato Galego
  • Competición: Campionato Galego de Bateis 2024, clasificatorio para o Campionato de España de Bateis 2024
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 21/04/2024
  • Hora: 11:00h

Nas finais que se clelebraron esta mañán, as alevíns da A.D. Esteirana Remo competiron polo carreiro 3 e finalizaron na terceira posición, por detrás da S.D. Tirán que se proclamou campión galego e do C.M. de Mugardos que foron as segundas. O equipo da Esteirana Remo finalizou cun tempo de 02:37,28, a menos de 5 segundos das campionas e a pouco máis de 3 segundos das de Mugardos. Con este resultado as rapazas da Esteirana Remo obteñen o pase para o Campionato de España do vindeiro fin de semana.

Pola súa parte os xuveniles do C.R. Urme competiron pola boia 1 e conseguiron rematar na primeira posición nunha disputadísima regata co C.R. Chapela, ao que conseguiron superar finalmente por tan só 2 segundos. O tempo final do equipo xuvenil foi de 9:14,23, o que lle daba o título galego e o pase para o Campionato de España.

As aliñacións dos equipos de Esteirana Remo e de Urme foron as mesmas do día anterior.

Tempos completos das "Finais do Campionato Galego de Bateis 2024" (fonte @inforemobancofijo).

FOTOS DAS ELIMINATORIAS DO SÁBADO 

Equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Equipo xuvenil masculino do C.R. Urme. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Equipo sub'23 masculino do C.R. Urme. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

FOTOS DAS FINAIS DO DOMINGO

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose