Campionato de España de Bateis. 4º posto para o equipo alevín feminino da Esteirana Remo e o xuvenil masculino de URME

Esta fin de semana os campións galegos na categoría xuvenil masculina, o C.R. URME, e o equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo volvían á Pobra do Caramiñal a competir no Campionato de España de Bateis, logo de conseguir a clasificación no Campionato Galego da fin de semana pasada.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

O sábado disputáronse as eliminatorias, con dúas tandas de cinco participantes por categoría. Hoxe foron as finais ás que accedían os dous primeiros equipos de cada tanda eliminatoria, e o mellor tempo dos terceiros.

ELIMINATORIAS DO SÁBADO.
 
Datos da competición (eliminatorias):

  • Regata: Eliminatorias do Campionato de España
  • Competición: Campionato de España de Bateis 2024
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 27/04/2024
  • Hora: 10:00h

O equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo competiu na segunda quenda da categoría polo carreiro 1 e finalizou na terceira posición da súa quenda. Rematou cun tempo de 02:28,74, que melloraba o de Castro Urdiales, equipo que acabou terceiro na primeira quenda, e deste xeito conseguía o pase á final A do domingo.

O equipo xuvenil do C.R. Urme remou na primeira quenda polo carreiro 2. Finalizou na primeira posición cun tempo de 09:15,59 e conseguía tamén a clasificación para a final A do domingo.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Aliñación dos equipos do C.R. Urme nesta regata.

Tempos completos das "Eliminatorias do Campionato de España de Bateis 2024" (fonte @inforemobancofijo).

FINAIS DO DOMINGO.

Datos da competición (finais):

  • Regata: Finais do Campionato de España
  • Competición: Campionato de España de Bateis 2024
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 28/04/2024
  • Hora: 10:00h

Nas finais do domingo o equipo alevín feminino da Esteirana Remo competiu na final A polo carreiro 4. Finalizou cun tempo 02:25,83 co que obtivo o cuarto posto no Campionato de España.

O equipo xuvenil masculino do C.R. Urme competía tamén na final A pola boia 1. Marcou un tempo final de 09:10,63 co que tamén se clasificaba na cuarta posición do Campionato de España.

Con esta competición remata a temporada de bateis 2024.

As aliñacións dos equipos de Esteirana Remo e de Urme foron as mesmas do día anterior.
 
FOTOS DAS ELIMINATORIAS DO SÁBADO 
 
FOTOS DAS FINAIS DO DOMINGO