Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

O Pleno do Concello de Muros aproba por unanimidade poñerlle o nome de Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino" ao pavillón de remo de Esteiro

Imaxe
A Xunta Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo celebrada o 13 de xaneiro  de 2025 acordou, por unanimidade, solicitarlle ao Concello de Muros que lle asignara o nome de Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino"  ao pavillón de remo de Esteiro, sede actual do noso club. A pesar de que a solicitude, que se pode ler a continuación, se presentou no Concello o 19 de xaneiro, xa non foi posible que se incluíra no Pleno Ordinario dese mes. Onte celebrouse o Pleno Ordinario do Concello de Muros do mes de febreiro e, como segundo punto, debateuse a proposta que trasladara a Xunta Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo. Todos os grupos eloxiaron a persoa e o traballo de Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino", e votaron a favor de que o pavillón de remo de Esteiro leve a partir de agora o seu nome. O seguinte é o vídeo íntegro do Pleno Ordinario do Concello de Muros do 27/02/2025, onde se aprobou a solicitude. Concretamente pode verse entre o minuto 6:00 e o 21:30 do ví...

Liga Galega de Bateis 2025. Regata non puntuable no campo alternativo da Pobra por cancelación da de Ares

Imaxe
DATOS DA COMPETICIÓN: Regata:   Regata na Pobra do Caramiñal por cancelación da de Ares . Competición: Liga Galega de Bateis 2025, non puntuable. Modalidade: bateis. Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta. Tipo regata : campo tradicional de 500m. Lugar: A Pobra do Caramiñal. Data: 22/02/2025 Hora: 11:00h.   Equipo xuvenil feminino Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   PARTICIPACIÓN DA A.D. ESTEIRANA REMO: ALEVÍN FEMININA: TRIPULACIÓN: Paula Rodríguez, Leire Piñeiro, Martina Rodríguez e Julia Lestón.  Patrón/a: María Cao (xuvenil).  Tanda: 1 Rúa: 4 Tempo final: 02:56,74 Posto final: 5º INFANTIL FEMININA 'A': TRIPULACIÓN: Ainhoa Creo, Nahia Romero, Lara Mayo e María Núñez.  Patrón/a: Aroa Saborido (absoluta).  Tanda: 1 Rúa: 3 Tempo final: 05:37,40 Posto final: 5º INFANTIL FEMININA 'B': TRIPULACIÓN: Irene Teijo, Mara Caamaño, Erea Fuentes e Mara Castro.  Patrón/a: Alcira Romero (absoluta).  Tan...

ORIAren XXXI. Traineru Jaitsiera (XXXI Descenso de Traiñeiras do Oria)

Imaxe
DATOS DA COMPETICIÓN: Regata: ORIAren XXXI. Traineru Jaitsiera (XXXI Descenso de Traiñeiras do Oria). Competición: - Modalidade: Traiñeiras. Categorías: Xuvenil, absoluta e veterana. Tipo regata : Contra o reloxo en liña de 4.000m para xuvenís e veteranos e 6.000 para absolutos. Lugar: Orio, Gipuzkoa. Data: 15/02/2025 Hora: 16:30h. PARTICIPACIÓN DA A.D. ESTEIRANA REMO: VETERANA MIXTA: TRIPULACIÓN: Uxío Mayo (B1), Teresa Rivadeneira (B2), Santiago Veloso "Champa" (B3), David Torea (B4), Alberto Rama "Perre" (B5), Marinela Romero (B6), Txelo Tobío (Proa), Antonio Otero (E1), Óscar Rodríguez (E2), Juan Caamaño "Calde" (E3), Carlos M. Boubeta (E4), Xoán Monasterio (E5), Carmiña Caamaño (E6).  Patrón/a: Alcira Romero.  Orde de saída: 19 Rúa: - Tempo final: 15 :24,15 Posto final: 2º veterano mixto, 13º xeral de veteranos.   Resultados completos da " ORIAren XXXI. Traineru Jaitsiera " (Fonte: Orio A.E. ).     Fonte: Luisbixki   Fonte: Luisbi...

Liga Galega de Bateis 2025. "II Bandeira de Bateis - XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón"

Imaxe
DATOS DA COMPETICIÓN: Regata: II Bandeira de Bateis - XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón. Competición: Liga Galega de Bateis 2025, 4ª xornada. Modalidade: bateis. Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta. Tipo regata : campo tradicional de 500m. Lugar: Narón. Data: 15/02/2025 Hora: 16:00h. PARTICIPACIÓN DA A.D. ESTEIRANA REMO: ALEVÍN FEMININA: TRIPULACIÓN: Paula Rodríguez, Leire Piñeiro, Martina Rodríguez e Julia Lestón.  Patrón/a: María Cao (xuvenil).  Tanda: 2 Rúa: 4 Tempo final: 03:10,28 Posto final: 5º INFANTIL FEMININA: TRIPULACIÓN: María Núñez, Erea Fuentes, Mara Caamaño, Ainhoa Creo.  Patrón/a: Aroa Saborido (absoluta).  Tanda: 2 Rúa: 1 Tempo final: 05:42,91 Posto final: 10º XUVENIL FEMININA: TRIPULACIÓN: Maite Figueroa, María Cao, Noelia García, Ainé de Souza.  Patrón/a:   Aroa Saborido (absoluta) .  Tanda: 1 Rúa: 5 Tempo final: 10 :47,86 Posto final: 2º ABSOLUTA FEMININA:  TRIPULACIÓN: Andre...

O 8+ absoluto feminino da Selección Galega do que formaba parte Uxía Saborido consegue a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Competición: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Modalidade: remo olímpico Categorías: cadete, xuvenil e absoluta Tipo regata : 1.000m Lugar: Castrelo de Miño (Ourense) Data: 09/02/2025 Hora: 11:00h   No día de hoxe disputábase en Castrelo de Miño (Ourense) o Campionato de España por Autonomías de remo olímpico.     Uxía Saborido (segunda pola esquerda), coas compañeiras da Selección Galega que obtiveron a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas   Como xa contábamos fai uns días , Uxía Saborido fora convocada pola Selección Galega para participar no equipo feminino na modalidade 8+, equipo que conseguiu a 3ª posición e, polo tanto, medalla de bronce.     Uxía Saborido coa medalla conseguida hoxe   Máis información na web da Federación Española de Remo .

Liga Galega de Bateis 2025. "V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos"

Imaxe
Datos da competición: Regata: V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos Competición: Liga Galega de Bateis 2025 Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m Lugar: Mugardos Data: 09/02/2025 Hora: 11:00h   Terceira xornada da Liga Galega de Bateis na Zona Norte que se disputaba en Mugardos. Inicialmente esta regata estaba programada no calendario oficial da FEGAR para o 25 de xaneiro, pero tívose que aprazar polas malas condicións meteorolóxicas dese día.      Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose     Os equipos da A.D. Esteirana Remo que competían hoxe tamén se viron mermados debido a problemas de saúde típicos destas datas. Concretamente o equipo cadete non puido competir e o alevín volveu competir como combinado alevín-infantil, non podendo puntuar para a Liga como xa lles sucedera onte.   Finalmente competiron o equipo combinado alevín-infantil, dous infantí...

Liga Galega de Bateis 2025. "X Bandeira Confraria de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo"

Imaxe
Datos da competición: Regata: X Bandeira Confraria de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo Competición: Liga Galega de Bateis 2025 Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m Lugar: Rianxo Data: 08/02/2025 Hora: 11:00h   Esta mañá tivo lugar en Rianxo a segunda xornada puntuable para a Liga Galega de Bateis na Zona Norte.     Equipo infantil 'B' da A.D. Esteirana Remo. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose     Inscribimos para esta competición un equipo alevín, dous infantiles, un cadete e outros dous absolutos, todos eles femininos.   A pesar desa inscrición, o equipo alevín non puido viaxar completo a Rianxo por problemas de saúde de algunhas deportistas, polo que finalmente competiu como equipo alevín-infantil combinado e non podía puntuar para a Liga.   No equipo alevín-infantil remaron Paula Rodríguez, Leire Piñeiro, Martina Rodríguez, Lidia Monasterio (in...