1º posto na categoría veterana feminina para a traiñeira da A.D. Esteirana Remo na "XXII CONTRA O RELOXO CABO DA CRUZ, III BANDEIRA #somosBOIRO". 11º posto para Urme "A" e 24º para Urme "B"

Datos da competición:

  • Regata: XXII CONTRA O RELOXO CABO DA CRUZ, III BANDEIRA #somosBOIRO
  • Competición: contra reloxo non oficial
  • Modalidade: traiñeiras
  • Categorías: absoluta e veterana masculina, feminina e mixta
  • Tipo regata: contra reloxo
  • Lugar: Cabo da Cruz (Boiro)
  • Data: 01/02/2025
  • Hora: 11:30h veteranos, 17:00h absolutos
 
Hoxe celebrouse en Cabo da Cruz a "XXII CONTRA O RELOXO CABO DA CRUZ, III BANDEIRA #somosBOIRO". Como ven sendo habitual nas últimas edicións, a competición de equipos veretanos é durante a mañá, e pola tarde compiten os equipos absolutos.
 
 
A.D. Esteirana Remo veterano feminino. Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando

 
A A.D. Esteirana Remo inscribiu nesta competición un equipo na categoría veterana feminina que, debido a que non todas as remeiras veteranas poideron viaxar a Cabo da Cruz, tivo que completarse con tres remeiras xuveniles e un remeiro veterano masculino. A aliñación foi a seguinte:

Ainé
Alcira - Ana R.
Andrea - Carmiña
Lidia - Lola
Pera - Silvia
Marta - Txelo
Teresa - Marinela
Óscar (patrón)

Completaron os 4.000m da regata co mellor tempo final da categoría, 17:53,09, procamándose vencedoras, aínda que non obtiveron á bandeira por disputar a regata con tres remeiras xuveniles.
 
 
A.D. Esteirana Remo veterano feminino. Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando

 
Pola tarde compitiron dous equipos do C.R. Urme. O equipo "B" completouse con remeiros veteranos da A.D. Esteirana Remo.


O equipo "A" finalizou os 5.556m da regata cun tempo de 21:01,7, o que os situaba no 11º posto da clasificación final. O equipo formábano os seguintes remeiros:

Isaac
Maxi - Simón
Luis - Xandre
Juan - Javier
Leo - Jonathan
Mateo - Martín
Beni - Xián
Óscar (patrón)

O equipo "B", pola súa banda, fixo un tempo de 22:25,9 e clasifocouse no posto 24 da regata. Estaba integrado polos seguintes remeiros: 

Juan
Marcos - Monasterio
Uxío - Diego
Xabi - Otero
Miguel - Pancho
Fito - César
Lijó - Aitor
Gabriel (patrón)



C.R. Urme "B". Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando

C.R. Urme "B". Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando

C.R. Urme "A". Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando

C.R. Urme "A". Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando

C.R. Urme "A". Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando